Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 8 de xuño de 2015 Páx. 22250

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato de obras de continuación do paseo marítimo de Moaña ata o paseo da Xunqueira, treito da Seara. Convenio Axencia Galega de Infraestruturas-ente público Portos de Galicia-Concello de Moaña do 16 de setembro de 2014. Clave PO/12/129.03. Expediente E/046/2014.

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, ao abeiro das competencias atribuídas polo Decreto 173/2011, do 4 de agosto, polo que se aproba o Estatuto da Axencia Galega de Infraestruturas, resolveu formalizar o seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Número de expediente: PO/12/129.03. (E/046/2014).

2. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp? N=21565

3. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra de convenio.

b) Descrición: continuación do paseo marítimo de Moaña ata o paseo da Xunqueira, treito da Seara. Convenio Axencia Galega de Infraestruturas-ente público Portos de Galicia-Concello de Moaña 16 de setembro de 2014.

c) CPV: 45233000-9.

d) Medios e datas de publicación do anuncio de licitación: DOG (28 de novembro de 2014).

4. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto multicriterio.

5. Valor estimado do contrato: 347.224,26 €.

6. Orzamento base de licitación: importe neto: 347.224,26 €. Importe total: 420.141,35 €.

7. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 26 de marzo de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 13 de abril de 2015.

c) Adxudicatario: Construcciones, Obras y Viales, S.A. (COVSA).

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 294.098,94 €. Importe total: 355.859,72 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2015

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas