Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 8 de xuño de 2015 Páx. 22210

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3888/2013).

Eu, María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 3888/2013 desta sección, seguido por instancia de Instituto Nacional da Seguridade Social contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, José Manuel Costa del Río, Pesquera Itxas Lur, S.A., Hispano Patagónica, S.A., sobre outros dereitos seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos:

Que desestimando o recurso de suplicación presentado pola letrada da Administración da Seguridade Social, en nome e representación do Instituto Nacional da Seguridade Social, contra a sentenza do 19 de xuño de 2013, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Vigo, en autos número 1317/2012, seguidos por instancia da Mutua Gallega contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, as empresas Pesquera Itxas Lur, S.A. e Hispano Patagónica, S.A., contra José Manuel Costa del Río e a entidade xestora recorrente, debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución impugnada.

Notifíquese a presente resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza, que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Seguen as sinaturas e a publicación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pesquera Itxas Lur, S.A. e Hispano Patagónica, S.A., na actualidade en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de maio de 2015

A secretaria xudicial