Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 8 de xuño de 2015 Páx. 22212

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4092/2013).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección nº 2 desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 4092/2013 desta sección, seguido por instancia de Amelia Rodríguez Campaña contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fogasa, Cerámicas Domínguez Noroeste, S.A. (Cedonosa, S.A.), administración concursal Cedonosa, S.A. sobre xubilación, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación formulado polo graduado social F. Javier Castro Freire, en nome e representación de Amelia Rodríguez Campaña, contra a sentenza do 22 de abril de 2013, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Santiago, en autos 114/2010, sobre pensión de xubilación SOVI, promovidos polo recorrente contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a empresa Cerámicas Domínguez Noroeste, S.A. Cedonosa-Gerrogres e Fogasa, confirmámola integramente en todos os pronunciamentos que contén.

Notifíquese a presente resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Cerámicas Domínguez Noroeste, S.A. (Cedonosa), en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de maio de 2015

A secretaria xudicial