Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 9 de xuño de 2015 Páx. 22379

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 25 de maio de 2015 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, anunciada pola Orde do 17 de abril de 2015.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, anunciada pola Orde do 17 de abril de 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 77, do 24 de abril), de conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das facultades conferidas polo artigo 17.4 do referido decreto lexislativo, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación de dous postos de traballo vacantes na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, anunciada pola Orde do 17 de abril de 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 77, do 24 de abril).

Segundo. Adxudicar destino, nos postos de traballo que se indican, e seleccionar as funcionarias que se relacionan no anexo desta orde por tratarse das únicas aspirantes presentadas e consideralas capacitadas para a realización das funcións inherentes aos postos de traballo vacantes, que estaban a desempeñar en réxime de adscrición provisional.

Terceiro. O cesamento no destino actual das funcionarias que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Se comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte días hábiles, de conformidade co disposto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e base sexta da convocatoria.

Cuarto. As xefaturas dos centros en que causen baixa as funcionarias, así como as daquelas en que obteñan destino consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2015

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Apelidos e nome: Pilar Díaz Herrera.

NRP: 3331172602 A210A.

Grupo: A1.

Denominación do posto de traballo: Xefatura do Servizo de Inspección Urbanística I.

Código do posto de traballo: MA.K01.00.001.15770.010.

Centro directivo: Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral/especial (escala de inspección urbanística).

Nivel: 28.

Complemento específico: 13.698,72 €.

Apelidos e nome: Vega Lorenzo, Mª del Mar.

NRP: 3329293102 A2060.

Grupo: A1.

Denominación do posto de traballo: Xefatura do Servizo de Inspección Urbanística III.

Código do posto de traballo: MA.K01.00.001.15770.030.

Centro directivo: Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral/especial (escala Inspección Urbanística).

Nivel: 28.

Complemento específico: 13.698,72 €.