Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 9 de xuño de 2015 Páx. 22378

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2015, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arqueólogos/as, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 99, do 26 de maio), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 29 de maio, o tribunal nomeado pola Orde do 5 marzo de 2015 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arqueólogos/as, acordou, de conformidade co disposto na base II.3.6 da convocatoria, que o segundo exercicio do proceso selectivo terá lugar o día 18 de xuño de 2015, na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas.

Os/as aspirantes deberán ir provistos/as de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso á aula en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2015

Roberto Carlos Pena Puentes
Presidente do tribunal