Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 9 de xuño de 2015 Páx. 22376

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2015 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta entidade pública no primeiro cuadrimestre do ano 2015.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño), establece que as entidades públicas vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación cos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos por Augas de Galicia durante o primeiro cuadrimestre do ano 2015, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2014

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos por Augas de Galicia
durante o primeiro cuadrimestre do ano 2015

Convenio

Importe total
do convenio

Data
da sinatura

Primeira addenda ao Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Rodeiro para a execución e financiamento das obras de acondicionamento hidráulico do río Rodeiro, 2ª fase, Rodeiro (Pontevedra)

299.931,78 €

2.3.2015

Segunda addenda ao Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Nigrán para a execución das obras de ampliación das redes de saneamento e abastecemento en diversas zonas do concello de Nigrán, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013

1.000.000,00 €

10.3.2015

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia, o Concello de Tui, o Consorcio para a Xestión do Ciclo Urbano da Auga do Louro e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para o financiamento e execución das obras de ampliación da estación de bombeo de augas residuais en Areas. Termo municipal de Tui (Pontevedra), así como a formalización da encomenda de xestión para o mantemento e conservación das ditas obras

655.000,00 €

19.3.2015

Primeira addenda ao Convenio de colaboración subscrito pola Xunta de Galicia, a entidade pública empresarial Augas de Galicia, os concellos de Ferrol e Narón con Aguas de las Cuencas del Norte, S.A. (na actualidade Aguas de las Cuencas de España, S.A.) para a construción e explotación da actuación de interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol

37.610.169,49 €

26.3.2015

Convenio de colaboración subscrito entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma, a entidade pública empresarial Augas de Galicia, o Concello de Narón e a Sociedade Estatal Aguas de las Cuencas de España, S.A., para a execución e explotación das obras do interceptor xeral da marxe dereita da ría de Ferrol

7.333.000,00 €

26.3.2015