Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 9 de xuño de 2015 Páx. 22497

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación, polo trámite ordinario, procedemento aberto multicriterio e contratación documentalmente simplificada, da obra de construción dun centro de saúde nas Neves, concello da Capela (expediente AB-SER3-15-004).

1. Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde. Subdirección Xeral de Investimentos.

2. Obra: construción dun centro de saúde nas Neves, concello da Capela (A Coruña).

3. Nº de expediente: AB-SER3-15-004.

4. CPV (referencia de nomenclatura): 45215100.

5. Orzamento total sen IVE: 616.612,87 €.

6. Orzamento total con IVE: 746.101,57 €.

7. Prazo de execución: nove (9) meses.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación exixida: grupo C, subgrupo 2, categoría d).

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver as cláusulas 13.II.a) e 13.II.b) da folla de especificacións do prego.

c) Compromiso de medios persoais: ver a cláusula 13.III da folla de especificacións do prego.

9. Garantía provisional: non se exixe.

10. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído IVE.

11. Forma de tramitación: ordinaria.

12. Procedemento: aberto multicriterio (non suxeito á regulación harmonizada).

13. Exposición de proxectos e pregos: poderanse obter os pregos de cláusulas administrativas particulares e o proxecto desta contratación no perfil do contratante: http://www.sergas.es/.

14. Lugar e prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en sobres pechados, no Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade/Servizo Galego de Saúde (Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela), ata o vixésimo sexto (26º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta contratación no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 80.4 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Cando o último día para a presentación de ofertas coincida en sábado ou en día inhábil o prazo entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

15. Documentación que deberán presentar os licitadores: ver prego de cláusulas administrativas particulares que rexen esta licitación. Contratación documentalmente simplificada.

16. Criterios de valoración: os definidos na cláusula 10 da folla de especificacións e nos puntos 3.5 e 3.6 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe esta licitación.

17. Apertura de proposicións: a data e o lugar dos actos públicos de apertura dos sobres B e C serán anunciados no perfil do contratante http://www.sergas.es/.

18. Anuncios: serán por conta do adxudicatario da contratación.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2015

P.D. (Decreto 43/2013 e Orde 5.7.2012)
Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos