Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 9 de xuño de 2015 Páx. 22499

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

ANUNCIO de licitación do servizo de escola infantil municipal.

Aprobado polo Decreto da Alcaldía do 11 de maio de 2015 o expediente de contratación, incluídos os pregos de cláusulas administrativas particulares-técnicas que rexerán o concurso para adxudicar a contratación do servizo de xestión da escola infantil do Concello da Guarda, expóñense ao público durante 8 días, contados a partir do seguinte ao da última publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia ou no BOP, para que poida presentarse reclamacións quen se considere interesado.

Simultaneamente, anúnciase o concurso, aprazándose a licitación se resulta necesario por formularse reclamacións contra os pregos.

1. Entidade adxudicadora.

a) Concello da Guarda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: escola infantil municipal de 0 a 3 anos.

c) Duración do contrato: un ano, prorrogable por un ano máis.

3. Modalidade de adxudicación.

Procedemento aberto con varios criterios de adxudicación. Tramitación ordinaria.

4. Tipo de licitación.

157.726,87 euros anuais (cento cincuenta e sete mil setecentos vinte e seis euros con oitenta e sete céntimos).

5. Garantías.

Garantía provisional: non se exixe.

Garantía definitiva: 5 % do importe da adxudicación.

6. Exame do expediente.

Os licitadores poderán examinar o expediente na Secretaría Xeral do Concello, en horario de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, excepto sábados e festivos e ata o día anterior ao do remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación de proposicións.

As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral deste concello de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e os sábados das 10.00 ás 13.00 horas, durante o prazo de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP e no DOG, na forma sinalada na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas-técnicas.

8. Apertura de proposicións.

Ás 10.00 horas do sexto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de ofertas, a mesa de contratación procederá, en acto público, á apertura do sobre B (que contén o programa de traballo). Para estes efectos, se tal día é sábado, o acto terá lugar o día hábil seguinte. Posteriormente, na data que se notifique aos licitadores procederase, en acto público, á apertura do sobre C.

9. Obtención de documentación e información.

Concello da Guarda, praza do Reló, nº 1, 36780 A Guarda.

Páxina web: www.aguarda.es

Teléfono: 986 61 00 00. Fax: 986 61 02 83.

10. Criterios de adxudicación.

a) Criterios avaliables mediante fórmula (ata 50 puntos en total).

1. Menor prezo: ata un máximo de 25 puntos.

2. Melloras: ata 20 puntos.

2.1. Por achega de material e equipamento didáctico a maiores do material escolar necesario para prestar o servizo: ata 10 puntos.

2.2. Por aportación de servizos de psicomotricidade, inglés, atencións educativas especiais, etc., expresado en horas semanas: ata 10 puntos.

3. Calidade: 5 puntos.

b) Criterios suxeitos a xuízo de valor (ata 20 puntos en total).

Mellor programa de traballo (proxecto educativo e proxecto de xestión) ata un máximo de 20 puntos.

11. Requisitos do contratista.

Clasificación: grupo U; subgrupo 5; categoría A .

12. Gastos dos anuncios.

Serán por conta do contratista adxudicatario.

A Guarda, 12 de maio de 2015

José Manuel Domínguez Freitas
Alcalde