Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 9 de xuño de 2015 Páx. 22413

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (91/2012).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 91/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Joaquín Formoso López contra Esabe Vigilancia, S.A., sobre cantidade, se ditou sentenza, con data do 12 de maio de 2015, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal:

(Sentenza nº 190/2015).

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2015.

Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, estes autos de procedemento ordinario 91/2012, seguidos por instancia de Joaquín Manuel Formoso López, representado e asistido pola letrada Sra. Erviti Álvarez contra Esabe Vigilancia, S.A., que non compareceu ao xuízo oral. Foi citado o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceu ao xuízo oral. En virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, dito esta sentenza con base no seguinte.

Resolvo que, estimando integramente a demanda interposta por Joaquín Manuel Formoso López contra Esabe Vigilancia, S.A., debo condenar e condeno a mercantil demandada a lle aboar ao demandante a cantidade de 545,40 euros polos conceptos sinalados no fundamento xurídico cuarto desta resolución, máis o xuro do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores respecto da dita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata esta resolución, e os xuros do artigo 576 da Lei de axuizamento civil a partir desta resolución, así como ao pagamento dos honorarios do letrado da parte demandante ata o límite máximo de 600 euros.

No que respecta á responsabilidade do Fogasa, haberá que aterse ao que resulte da aplicación do artigo 33 do Estatuto dos traballadores, con notificación desta resolución.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso (artigo 191.2).

A anterior resolución entregaráselle ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado e a inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2015

A secretaria xudicial