Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 9 de xuño de 2015 Páx. 22420

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (273/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 273/2014 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Servizo Público de Emprego Estatal contra a empresa Revestimientos Fairland, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta.

«Decreto 202/2015

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

En Santiago de Compostela o un de abril de dous mil quince.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Servizo Público de Emprego Estatal presentou demanda de execución contra Revestimientos Fairland, S.L.

Segundo. Ditouse auto polo que se despacha execución, con data do 24 de outubro de 2014, por un total de 1.348,50 euros de principal máis outros 134,85 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros e custas que poidan derivar da execución.

Terceiro. Téndose acordado o embargo de contas bancarias da executada, non se obtivo cantidade ningunha, polo que se deu audiencia á parte executante e ao Fondo de Garantía Salarial, que non efectuaron alegacións no prazo conferido para o efecto.

Fundamentos de dereito:

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS) que, de non se ter coñecemento da existencia de bens suficientes do executado nos cales facer traba e embargo, se practicarán as investigacións procedentes e, de seren infrutuosas total ou parcialmente, a secretaria xudicial da execución ditará decreto de insolvencia tras oír o Fondo de Garantía Salarial e a parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar a executada, Revestimientos Fairland, S.L., en situación de insolvencia total por importe de 1.348,50 euros de principal (en concepto de reintegro ao SPEE das prestacións por desemprego) máis outros 134,85 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros e custas que poidan derivar da execución, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se en diante se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez que sexa firme a presente resolución, inscríbase no rexistro correspondente.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos; será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para interpor recurso de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A. debendo indicar no campo concepto, “Recurso” seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “Recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial»

Para que sirva de notificación en legal forma a Revestimientos Fairland, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2015

A secretaria xudicial