Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 12 de xuño de 2015 Páx. 23232

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 17 de marzo de 2014 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Teatro e Artes Escénicas.

Detectado un erro na referida resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 75, do 21 de abril de 2014, cómpre realizar a oportuna corrección:

Na páxina 18047, no cadro 2 do anexo: materias, créditos e módulos do máster, onde di: «Especialidade. Estudos Literarios e Teatrais», debe dicir: «Orientación: estudos literarios e teatrais»; e onde di: «Especialidade. Educación e Animación Teatral», debe dicir: «Orientación: educación e animación teatral».

Na páxina 18048, onde di: «Este máster ten dúas especialidades. Estudos Literarios e Teatrais e Educación e Animación Teatral. O alumnado ten que matricularse de 30 ECTS obrigatorios do módulo de formación fundamental; de 6 ECTS obrigatorios do módulo de prácticas externas; de 6 ECTS obrigatorios do traballo fin de máster e, por último, de 18 ECTS optativos. Estes créditos optativos escolleraos do seguinte xeito: 9 ECTS da especialidade que elixa e, os 9 ECTS restantes, entre os ECTS da especialidade non escollida e dos ofertados no módulo de Formación Complementaria en Artes Escénicas.», debe dicir: «Este máster ten dúas orientacións: estudos literarios e teatrais e educación e animación teatral. O alumnado ten que matricularse de 30 ECTS obrigatorios do módulo de formación fundamental; de 6 ECTS obrigatorios do módulo de prácticas externas; de 6 ECTS obrigatorios do traballo fin de máster e, por último, de 18 ECTS optativos. Estes créditos optativos escolleraos do seguinte xeito: 9 ECTS da orientación que elixa e, os 9 ECTS restantes, entre os ECTS da orientación non escollida e dos ofertados no módulo de Formación Complementaria en Artes Escénicas».