Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 16 de xuño de 2015 Páx. 23991

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ribeira (expediente IN407A 2015/148-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Aguas de las Cuencas de España, S.A.

Domicilio social: Agustín de Betancourt, 25, 4º andar, 28003 Madrid.

Denominación: LMTS, CS, CM e CT de 630 kVA para EDAR Couso.

Situación: LG Couso-Santa Uxía de Ribeira.

Características técnicas: LMTS de 163 m×2 (entrada e saída do CS), entre o apoio de entroncamento e o centro de secionamento e medida. Tensión nominal 20 kV, condutor RHZ1 12/20 kV 3(1×240 mm2 Al), factor de potencia: 0,8. Centro de secionamento en edificio prefabricado. Centro de medida, LMTS de 556 m, entre o centro de secionamento e medida e o centro de transformación, tensión nominal de 20 kV, condutor RHZ1 12/20 kV 3(1×95 mm2 Al), factor de potencia: 0,8. Centro de transformación con cela de entrada de liña CGMCOSMOS-L, cela de proteción CGMCOSMOS-P e transformador trifásico de 630 kVA, tensión primaria 20/24 kV e tensión secundaria 420 V, refrixeración natural en aceite e grupo de conexión DYN11.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte á publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 8 de xuño de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña