Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 16 de xuño de 2015 Páx. 23993

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a contratación documentalmente simplificada en 23 lotes, polo procedemento aberto multicriterio e tramitación urxente, da xestión de 104 comedores escolares durante o curso 2015/16, coa reserva do lote 16 a centros especiais de emprego.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para obter a información:

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Recursos Educativos Complementarios. Servizo de Xestión de Comedores Escolares dos Centros Docentes non Universitarios.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfonos: 881 99 51 88/981 54 54 80/981 54 44 61/981 54 44 28.

5º. Telefax: 981 54 54 43.

6º. Correo electrónico: comedores.santiago@edu.xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22860

8º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: xestión de servizos públicos.

b) Descrición: xestión de comedores escolares.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: 23 lotes definidos no anexo V do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP), coa reserva do lote 16 a centros especiais de emprego.

d) Lugares de execución: definidos no anexo V do PCAP.

e) Prazo de execución: desde o seu asinamento ata o 30 de xuño de 2016.

f) Admisión de prórroga: poderanse prorrogar ata o 30 de xuño de 2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto multicriterio.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os especificados na cláusula 10 do PCAP.

4. Orzamento base de licitación: importe neto: 6.401.245,98 €, IVE 486.494,69 €. Importe total: 6.887.740,67 €, segundo se desagrega no anexo V do PCAP.

5. Garantías exixidas:

Provisional: non.

Definitiva: 5 % do orzamento base da licitación, excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: As especificadas na cláusula 6 do PCAP.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: ata as 14:00 h do oitavo día natural posterior á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Se o último día deste prazo cadra en sábado, o Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia permanecerá aberto ata as 14.00 horas.

Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama ou fax (981 54 54 43).

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: o sinalado nos parágrafos 2 e 3 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

8. Apertura dos sobres B.

a) Enderezo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Data e hora: o oitavo día hábil, contado desde o seguinte ao de rematar o prazo de presentación de ofertas, ás 10.00 horas. De coincidir este en sábado ou inhábil, efectuarase o primeiro día hábil seguinte.

9. Gastos de publicidade: serán por conta dos adxudicatarios, a razón de 10,82 € por cada liña publicada, con excepción do lote 16.

10. Outros. Condición especial de contratación: de conformidade co establecido no artigo 118 do TRLCSP, a cobertura de riscos de responsabilidade civil e intoxicación alimentaria considérase condición especial de contratación, coas implicacións establecidas na cláusula 12.2 do PCAP.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2015

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria