Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 16 de xuño de 2015 Páx. 23997

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 19 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2014365AL-PO incoado por infraccións en materia de seguridade alimentaria.

O 14 de abril de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra ditou a resolución do expediente sancionador 2014365AL-PO incoado á entidade Scampi Fish, S.L.U.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e, ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle ao/á director/a xerente da entidade Scampi Fish, S.L.U. o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o/a asiste para presentar recurso de alzada, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra; avenida Fernández Ladreda, núm. 43, 1º a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar conforme con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no seguinte prazo: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte; 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte. Todo iso mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca, BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, Santander ou en http://www.cistec.es/conselleria, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 19 de maio de 2015

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2014365AL-PO.

Denunciada: Scampi Fish, S.L.U., con CIF B27768464.

Último enderezo coñecido: rúa Serafín Avendaño, 10, 3º C, 36201 Vigo.

Feito imputado: infraccións en materia de seguridade alimentaria.

Preceptos infrinxidos:

– Artigo 5.1 e epígrafe A.1 da sección I do anexo II do Regulamento (CE) 853/2004, do 29 de abril, polo que se establecen normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal.

Tipificación: infracción leve, segundo o artigo 51, punto 1, parágrafo 3 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción imposta: mil euros (1.000,00 €).