Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 16 de xuño de 2015 Páx. 23999

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2015 pola que se anuncia a licitación do contrato harmonizado, por procedemento aberto multicriterio e trámite ordinario, da subministración, instalación e posta en funcionamento do equipamento para diversos centros desta consellería, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (contratación documentalmente simplificada).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Obras.

c) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

d) Enderezo do perfil do contratante: http//:www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22746

e) Número de expediente: 43/2015.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración, instalación e posta en funcionamento do equipamento para diversos centros da Consellería de Traballo e Benestar.

CPV: (referencia de nomenclatura): 33192130-2, 33192160-1, 391000000-3.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución e entrega: nos centros da Consellería de Traballo e Benestar indicados no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo máximo de execución/entrega: sesenta (60) días naturais. Prazo mínimo aceptable: quince (15) días naturais.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Valor estimado: 544.860,00 €. IVE (10 %): 54.486,00 €. Importe total: 599.346,00 €.

Esta contratación está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, nun 80 % (eixe 6, tema prioritario 79, medida 6.79) e con Fondos de Compensación Interterritorial (FCI) que cofinancian nun 20 %.

5. Garantías.

Definitiva: si; 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia: véxase o punto 5.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Obras da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22746

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono:

– Información de índole administrativa: 981 54 46 52 (Mª José Rodríguez Novoa, xefa do Servizo de Obras da Consellería de Traballo e Benestar).

– Información índole técnica: 982 29 42 81 (Marta Pérez López, xefa do Servizo Provincial de Coordinación de Centros da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Traballo e Benestar).

e) Telefax: información de índole administrativa: 981 54 56 85 (Servizo de Obras).

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día do prazo de presentación de ofertas: 6.7.2015.

8) Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 6.7.2015.

b) Documentación que cómpre presentar: a que figura na cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares; no exterior dos sobres deberá figurar o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia, deberá reflectilo de forma fidedigna no exterior do sobre A indicando o número de rexistro asignado.

c) Lugar de presentación:

1º. Oficina de Rexistro Único e Información no Complexo Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, de luns a venres, das 9.00 ás 19.00 horas, e os sábados das 9.00 ás 14.00 horas.

Calquera posible variación relativa ao horario publicarase no perfil do contratante.

2º. As proposicións poderán enviarse por correo dentro do prazo de admisión indicado, xustificando a data de imposición do envío anunciándoo á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día e nun só envío.

Se a documentación se presenta en calquera outro rexistro diferente ao indicado nos parágrafos anteriores, a proposta non será admitida á licitación.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses desde a apertura en acto público.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: véxase o perfil do contratante.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: a apertura da documentación do sobre B: 21 de xullo de 2015, ás 12.00 horas. A apertura da documentación do sobre C: 4 de agosto de 2015, ás 12.00 horas.

e) No perfil do contratante (http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22746) publicaranse o lugar e a hora do acto público de apertura dos sobres B e C, así como calquera posible variación das datas antes indicadas.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 27.5.2015.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2015

P.D. (Artigo 1 da Orde do 19.8.2009)
Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar