1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Augas de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.
c) Número de expediente: OH.936.1079.SV.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia, a través de http://www.xunta.es, e desde a plataforma de contratación del sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas, e na páxina web http://augas.cmati.xunta.es/
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: administrativo de servizo.
b) Descrición: desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial en Augas de Galicia, provincia de Pontevedra.
c) CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5.
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, DOG e BOE.
e) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea núm. S124, do 2 de xullo de 2014; Diario Oficial de Galicia núm. 124, do 2 de xullo, e Boletín Oficial del Estado núm. 164, do 7 de xullo.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto, con varios criterios de valoración e suxeito a regulación harmonizada.
4. Valor estimado do contrato: 816.697 euros, inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas contractuais previstas.
5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 408.348,50 euros. Importe total: 494.101,68 euros.
6. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 14 de abril de 2015.
b) Data de formalización do contrato: 7 de maio de 2015.
c) Contratista: Aquática Ingeniería Civil, S.L.
d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 287.681,52 euros. Importe total: 348.094,64 euros.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia á dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.
7. Outras informacións.
A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.
O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2015
Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia