Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 16 de xuño de 2015 Páx. 23989

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ribeira (expediente IN407A 2015/150-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Augas de las Cuencas de España, S.A.

Domicilio social: Agustín de Betancourt, 25, 4 planta, 28003 Madrid.

Denominación: LMTS, CS e CT de 400 kVA para bombeo de Cerqueiras.

Situación: lg. de Cerqueiras-Ribeira.

Características técnicas: LMTS enlace entre o punto de entronque con CS proxectado 260M-RHZ1-12/20 kV-3(1×240 mm2 Al). CS: celas de entrada, saída e derivación ao abonado. LMTS enlace entre o CS e o CT 4M-RHZ1 12/20 kV-3(1×95 mm2 Al). CT: cela de entrada da liña, cela de proteción e cela de medida. Transformador trifásico Cotradis de 400 kVA e refrixeración natural en aceite, tensión primaria 20/24 kV e tensión secundaria 420 V en vacío.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte á publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 5 de xuño de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña