Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 16 de xuño de 2015 Páx. 23987

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Xove (expediente IN407A 2015/5-2, 8200 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: polígono As Gándaras, parcela U2, rúa A, 27003 Lugo.

Denominación: entroncamento servizos auxiliares da subestación eléctrica de Xove coas instalacións de BEGASA en Sumoas.

Situación: concello de Xove.

Características técnicas:

1. Instalación dun apoio metálico tipo C-3000-14-C4-CA e tendido de 102 metros de condutor LA-56. No apoio instalado realizase un paso aéreo a subterráneo para alimentar o novo CTC.

2. Liña de media tensión soterrada con orixe no paso aéreo a subterráneo e final no CTC proxectado, cunha lonxitude de 36 metros en condutor tipo RHZ 150.

3. Centro de transformación cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia inicial de 50 kVA no cal se intalan tres celas. Esta zona é propiedade de BEGASA e outra zona diferenciada é propiedade de REE, que se autorizara en outro proxecto.

4. Rede de baixa tensión con orixe no CTC proxectado e final nas RBT existentes.

Considérase a desmontaxe da LMT aérea a CTI Sumoas, o CTI Samoas e a súa caseta e a desmontaxe de 160 metros de condutor RZ.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310) do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construcción (DOG núm. 54) esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 26 de maio de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo