Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 18 de xuño de 2015 Páx. 24563

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 1 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial en Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2015005AL-OU incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 5 de maio de 2015, a instrutora do expediente sancionador 2015005AL-OU formulou a proposta de resolución a Iago Ananín Blanco, DNI 44478811-P, con enderezo na rúa Río Támega, nº 43, de Ourense.

Intentada a notificación desta proposta segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Iago Ananín Blanco, DNI 44478811-P, e enderezo na rúa Río Támega, nº 43, de Ourense, o contido da referida proposta de resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, de Ourense, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Ourense, 1 de xuño de 2015

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 2015005AL-OU.

Interesado: Iago Ananín Blanco.

DNI/NIF/CIF: 44478811-P.

Último enderezo coñecido: rúa Río Támega, nº 43, de Ourense.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Regulamento (CE) nº 852/2004, do 29 de abril.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: trescentos euros (300,00 €).