Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 18 de xuño de 2015 Páx. 24562

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Celanova (expediente IN407A 2015/35-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: LMT, CT López Blanco, 70.

Situación: Celanova.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV de 150 m con condutor RHZ1 12/20 kV 3 × 240 Al, con orixe na LMT ao CT López Blanco (32CDN6) e remate na LMT ao CT pabellón de deportes (32CFK7). Centro de transformación non prefabricado proxectado manobra exterior na avenida López Blanco, nº 70, de 400 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 37.909,62 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, rúa Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 26 de maio de 2015

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense