En sesión que tivo lugar o 5 de xuño de 2015, o tribunal nomeado pola Orde do 18 de febreiro de 2015 (DOG núm. 38, do 25 de febreiro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de minas, acordou, de conformidade co disposto na base II.3.6 da convocatoria, que o segundo exercicio do proceso selectivo terá lugar o día 22 de xuño de 2015, na aula 11 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas.
Os/as aspirantes deberán ir provistos/as de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul.
Non se permitirá o acceso á aula en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, reloxos intelixentes, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2015
Miguel Ángel Veiga Campo
Presidente do tribunal