En sesión que tivo lugar o 12 de xuño de 2015, o tribunal nomeado por Orde do 24 de marzo de 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 62, do 1 de abril) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, acordou, de conformidade co disposto na base II.3.6 da convocatoria, que o segundo exercicio do proceso selectivo terá lugar o día 2 de xullo de 2015, nas aulas 2, 11 e 17 da Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas.
Os/as aspirantes deberán ir provistos/as de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul.
Non se permitirá o acceso á aula en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recolla de móbiles.
Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2015
María Pilar Fernández Ruíz
Presidenta do tribunal