Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 18 de xuño de 2015 Páx. 24557

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica nos concellos de Oroso e Trazo (expediente IN407A 2014/122-1).

Número expediente: IN407A 2014/122-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: anexo II. LMTS nova saída subest. Sigüeiro e enlace con LMT.SCY-822.

Concellos: Oroso e Trazo.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea nova saída subestación Sigüeiro, a 20 kV, cunha lonxitude de 1,730 km, con orixe en cela de liña existente na subestación Sigüeiro, condutor tipo RHZ1 2OL(S)-12/20 kV 3(1×240) Al, e final no paso aéreo-subterráneo proxectado que se realizará en apoio nº 43 existente da LMT SIG-804 onde se realizou o paso aéreo-subterráneo que se vai retirar da LMTS avda. do Portiño (expte.: 238/99).

Liña eléctrica de media tensión subterránea enlace SIG-804 e SCY-822, a 20 kV, cunha lonxitude de 1,668 km, con orixe no paso aéreo-subterráneo proxectado a realizar en apoio 41 existente da LMTA SCY-804, no tramo a derivada ao CT Breixo (expediente 32.237) e o CT Pedrouzo-Trazo (expediente 52.772) en condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×240) Al, e final no paso aéreo-subterráneo proxectado que se realizará no apoio nº 72 proxectado que substitúe o existente da LMT SCY-822, no tramo entre a derivada ao CT Rego do Gato (expediente 51.165) e a derivada ao CT Gonselle (expediente 51.580).

Desmontaxe de liña de media tensión aérea SIG-804, tramo que se retirará entre os apoios nº 48 e nº 48-A6, cunha lonxitude de 0,675 km, condutor tipo LA-30.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 25 de maio de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña