Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 18 de xuño de 2015 Páx. 24569

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 26 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente de reintegro parcial de axuda para programas agrarios de mellora técnica e desenvolvemento sustentable dos procesos produtivos agrícolas; creación e mellora de empresas de servizos (ESA) número 103/27/05/000041.

De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos e comprobado o domicilio social indicado no expediente para efectos de notificación, a través dunha nota simple informativa emitida polo Rexistro Mercantil da Coruña, onde figura inscrita, notifícase á persoa interesada, que se sinala no anexo deste anuncio, o acordo de inicio para declarar o reintegro parcial de axuda para programas agrarios de mellora técnica e desenvolvemento sustentable dos procesos produtivos agrícolas; creación e mellora de empresas de servizos (ESA). A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

A persoa interesada relacionada no anexo pode recoller o devandito acordo de inicio no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Sanidade e Produción Vexetal da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Consellería do Medio Rural e do Mar, situadas en rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15701 Santiago de Compostela (A Coruña), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento integro do mencionado acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte á data de finalización do prazo.

Concédese ao interesado un prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte a aquel en que se producise a notificación do acordo de inicio, para que poidan formular as alegacións e presentar a documentación que estimen conveniente ao seu dereito, dirixida ao Servizo de Sanidade e Produción Vexetal da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2015

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

– Procedemento: reintegro parcial de axuda para programas agrarios de mellora técnica e desenvolvemento sustentable dos procesos produtivos agrícolas. Creación e mellora de empresas de servizos (ESA).

– Expediente núm.: 103/27/05/000041.

– Persoa interesada: Empresa de Servicios Agrarios Betanzos-Ferrolterra, S.L.

– Acto de notificación: acordo de inicio.

– Último enderezo coñecido: Santa Cruz de Ribadulla, Quinta O Vao, 15885, Vedra (A Coruña).