Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 18 de xuño de 2015 Páx. 24571

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 29 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan varios titulares de establecementos de venda de produtos fitosanitarios aos cales foi imposible a notificación de información sobre a renovación no Rexistro Oficial de Operadores de Medios de Defensa Fitosanitaria (ROPO), por devolución das notificacións polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Segundo o establecido no artigo indicado, o acto será publicado no Boletín Oficial del Estado e a súa eficacia quedará supeditada a esa publicación.

O acto foi adoptado pola xefatura do Servizo de Explotacións Agrarias.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Explotacións Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, situada na rúa Florentino L. Cuevillas, números 4 e 6, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Ourense, 29 de maio de 2015

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Interesados/as: Agroforestal, C.B.; Limpieza de Valdeorras, S.L.; Tenocservicio Orensano, S.L.; Eduardo Marcos Esteiro; Nutrimentos Antelanos, S.L.; Antonio Rodríguez Piñeiro.

Acto de notificación: notificación de renovación no Rexistro Oficial de Operadores de Medios de Defensa Fitosanitaria (ROPO).