Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 18 de xuño de 2015 Páx. 24582

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2015 pola que se fai publica a formalización dun contrato cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixo 6, tema prioritario 79.

Para os efectos do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público e conforme o establecido nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006, do 8 de decembro de 2006 da Comisión, e no artigo 1, números 1) e 2) do Regulamento (CE) 846/2009, do 1 de setembro de 2009, da Comisión, a Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar acordou publicar a formalización do seguinte contrato, financiado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixo 6, tema prioritario 79.

– Nº expediente: CGSIB/001/15/SU/CD.

Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio.

Denominación do concurso público: subministro para o equipamento e amoblamento da ampliación da residencia de Melide.

Importe de adxudicación: 133.160,27 €, IVE incluído.

Adxudicatario: Lógica Equipamientos Integrales, S.L.

Fecha de formalización do contrato: 27.4.2015.

Vantaxes da oferta do adxudicatario: oferta que cumpre os requisitos exixidos nos pregos, facendo un deseño e distribución dos elementos perfectamente adaptado para o seu uso.

Para máis información, consultar a páxina web www.igualdadebenestar.org, punto «Perfil do contratante».

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2015

Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar