Con data do 27 de abril de 2015, o Pleno do Concello de Maside acordou por unanimidade a aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal, delimitación do núcleo rural complexo de Lovada, expediente que se encontra nas dependencias municipais. Este expediente sométese a información pública polo prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo a disposición adicional décimo segunda da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, de modificación do punto 4 do artigo 93 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia. O ámbito obxecto desta modificación está situado na parroquia de San Martiño do Lago.
Maside, 21 de maio de 2015
Celso Fernández López
Alcalde