Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 18 de xuño de 2015 Páx. 24580

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Maside

ANUNCIO de información pública da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal (delimitación do núcleo rural de Ribas).

Con data do 27 de abril de 2015, o Pleno do Concello de Maside acordou por unanimidade a aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal, delimitación do núcleo rural común de Ribas, expediente que se encontra nas dependencias municipais. Este expediente sométese a información pública polo prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo a disposición adicional décimo segunda da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, de modificación do punto 4 do artigo 93 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia. O ámbito obxecto desta modificación está situado na parroquia de San Martiño do Lago.

Maside, 21 de maio de 2015

Celso Fernández López
Alcalde