Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 19 de xuño de 2015 Páx. 24710

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (474/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento Seguridade Social 474/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Servizo Galego de Saúde, Instituto Nacional da Seguridade Social, Manuel Luis Torreira Ramos, Construcciones Serobra Galicia, S.L. sobre Seguridade Social, se ditou Sentenza con data do 26 de maio de 2015 contra a cal se poderá interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber que no citado órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que lle sirva de notificación en forma legal a Construcciones Serobra Galicia, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de maio de 2015

O secretario xudicial