Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 19 de xuño de 2015 Páx. 24711

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1344/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1344/2012 por instancia de Mutua Universal contra a Imprenta Agrove, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social sobre incapacidade temporal, en que se ditou sentenza con data do 22 de maio de 2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estimando parcialmente a demanda formulada por Rubén Alberto Álvarez Celidonia contra a Mutua Universal, a empresa Imprenta Agrove, S.L. e o Instituto Nacional da Seguridade Social, declaro que a base reguladora aplicable para a prestación por IT correspondente ao período comprendido entre o 22.9.2011 e o 6.10.2011 ascenderá a 43,22 € día e, en consecuencia:

Condeno a demandada, Mutua Universal, a lle aboar ao demandante a prestación de IT correspondente ao citado período, calculada nunha porcentaxe do 70 % da dita base reguladora, procedendo á regularización da prestación, con aboamento dos atrasos devindicados (91,03 euros), con responsabilidade subsidiaria do INSS en caso de insolvencia da mutua codemandada.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación por razón da contía.

Así o acorda, manda e asina María Marta Guillemet García, xuíza por substitución do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Imprenta Agrove, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 28 de maio de 2015

A secretaria xudicial