Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 19 de xuño de 2015 Páx. 24719

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (102/2015).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 102/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Pedro Asenjo Yebra contra Fondo de Garantía Salarial, M. Condeal-2012, S.L.L. sobre despedimento, se ditou o seguinte auto de aclaración de sentenza:

Que debo rectificar a sentenza ditada nas presentes actuacións o pasado día 6 de abril de 2015, no sentido fixado no fundamento de dereito segundo da presente resolución. O seu fundamento de dereito terceiro, no seu penúltimo parágrafo e na súa resolución, queda redactado na forma que se especificará, manténdose integramente o restante contido:

«Fundamentos de dereito:

Segundo. En canto á contía da indemnización, débese sinalar que se debe partir do salario do demandante segundo o teor literal da propia carta de despedimento, a razón de 55,36 € brutos diarios, e unha antigüidade desde o 10 de decembro de 2013 (que se corresponde coa súa vida laboral); resulta así unha indemnización a razón de 33 días de salario por ano de servizo, ata a data da presente resolución, en que se extingue a relación laboral (6.4.2015), a razón de 2.435,84 € …».

Resolución:

«… Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento interpuxo por Juan Pedro Asenjo Yebra contra a entidade M. Condeal-2012, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que o demandante foi obxecto con data do 11 de decembro de 2014, con efectos desde o 26 de decembro de 2014, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data da presente resolución, ao cesar na súa actividade a anterior entidade, condenando a entidade M. Condeal-2012, S.L. ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 2.435,84 €...».

Notifíquese esta resolución ás partes advertindo que contra ela non cabe interpor ningún recurso distinto do recurso de suplicación que, de ser o caso, se formule contra a sentenza.

Así, por este auto, mándao e asínao a maxistrada xuíza Pilar Carreira Vidal. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a , en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de maio de 2015

A secretaria xudicial