Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 22 de xuño de 2015 Páx. 24919

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1310/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1310/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Fernández Cambiazo contra Esabe Vigilancia,. S.A., con intervención do Fogasa, sobre ordinario, se ditou resolución na sentenza deste procedemento:

Resolvo que estimando a demanda interposta polo demandante Pablo Fernández Cambiazo, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a Esabe Vigilancia, S.A. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 1.217,74 euros polos conceptos reclamados na demanda, máis o 10 % de xuro por mora.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lle fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e polas leis. Seguidamente, expídese testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia,. S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de maio de 2015

A secretaria xudicial