Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 25 de xuño de 2015 Páx. 25087

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 12 de xuño de 2015 pola que se amplía a dotación orzamentaria da subvención convocada ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións aos concellos galegos para a mellora dos mercados municipais e prazas de abastos, así como dos espazos do comercio non sedentario, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (código de procedemento IN223A).

A Orde do 31 de decembro de 2014 publicada no Diario Oficial de Galicia nº 15, do 23 de xaneiro de 2015 establece as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións aos concellos galegos para a mellora dos mercados municipais e prazas de abastos, así como dos espazos do comercio non sedentario, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e procede á súa convocatoria para o ano 2015 (código de procedemento IN223A).

No artigo 2 da orde e artigo 2.1 do seu anexo I (bases reguladoras) precísase que as devanditas subvencións serán financiadas co crédito correspondente á aplicación orzamentaria 08.02.751-A.761.3 (Transferencias de capital. Corporacións locais. Ordenación territorial do comercio. Espazos comerciais municipais. Rede galega de mercados) por un importe total de 2.790.141 €.

No artigo 2 da orde tamén se sinala que se poderán incrementar as contías previstas en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito. Nestes casos publicarase a ampliación de crédito polos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

Co obxecto de poder amparar o maior número de solicitudes, e posto que a dotación inicial resulta insuficiente, tramítase o correspondente expediente de ampliación de crédito, polo que cómpre, mediante esta orde, ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente para a concesión das mencionadas subvencións, dada a existencia de remanentes doutras convocatorias de axudas.

Na súa virtude, facendo uso das facultades que me confiren os artigos 38, 43.3 e 44 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e da súa Presidencia, e demais disposicións de xeral aplicación,

DISPOÑO:

Artigo 1. Financiamento

1. Amplíase a dotación orzamentaria prevista na Orde do 31 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións aos concellos galegos para a mellora dos mercados municipais e prazas de abastos, así como dos espazos do comercio non sedentario, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (código de procedemento IN223A).

2. O incremento da dotación será de 700.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.751-A.761.3 (Transferencias de capital. Corporacións locais. Ordenación territorial do comercio. Espazos comerciais municipais. Rede galega de mercados) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015.

Este incremento da aplicación orzamentaria está cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e o 20 % restante polo Fondo de Compensación Interterritorial (FCI). As actuacións previstas están comprendidas no programa operativo Feder Galicia 2007-2013, dentro do eixe 2, tema prioritario 08, actuación 08.

Unha vez efectuado este incremento, o importe da dotación orzamentaria previsto ascende a 3.490.141,00 €.

3. En todo caso, a concesión das axudas reguladas na dita orde estará limitada ás dispoñibilidades orzamentarias.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2015

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía e Industria