Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 26 de xuño de 2015 Páx. 25341

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Orde do 4 de xuño de 2015 pola que se autoriza a implantación de ensinanzas universitarias oficiais de grao, máster universitario e programas de doutoramento nas universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, para o curso 2015/16, e se modifica a denominación de determinadas titulacións universitarias oficiais de grao.

Advertido erro na mencionada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 113, do 17 de xuño, é necesario facer a seguinte corrección:

Na páxina 24078, no artigo 3, onde di: «Autorízase a Universidade de Vigo para implantar, no curso 2014/15, as ensinanzas universitarias oficiais de:», debe dicir: «Autorízase a Universidade de Vigo para implantar, no curso 2015/16, as ensinanzas universitarias oficiais de:».