Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 26 de xuño de 2015 Páx. 25342

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 10 de xuño de 2015 pola que se modifica a autorización do centro privado San Fermín, do concello de Caldas de Reis.

O representante da titularidade do centro privado San Fermín, do concello de Caldas de Reis (Pontevedra), solicita a supresión de catro (4) unidades de bacharelato e o ciclo formativo de grao medio (CM) Equipos Electrónicos de Consumo; e a autorización do CM Instalacións Eléctricas e Automáticas.

O Real decreto 1688/2011, do 18 de novembro, establece o título de técnico en Actividades Comerciais e conforme o artigo 1.2 o disposto neste real decreto substitúe a regulación do título de técnico en Comercio que o centro ten autorizado.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro

1. Suprimir catro (4) unidades de bacharelato e o CM Equipos Electrónicos de Consumo no centro privado San Fermín.

2. Autorizar o CM Instalacións Eléctricas e Automáticas, no centro privado que se sinala:

Denominación xenérica: centro privado.

Denominación específica: San Fermín.

Código: 36000417.

Enderezo: rúa Fermín Mosquera, 15.

Localidade: Caldas de Reis.

Concello: Caldas de Reis.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Fundación Fermín Mosquera-PP. Somascos.

Composición resultante:

a) Educación infantil: 3 unidades.

b) Educación primaria: 6 unidades.

c) Educación secundaria obrigatoria: 8 unidades.

d) Formación profesional:

• CM Xestión Administrativa (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CM Actividades Comerciais (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CM Instalacións Eléctricas e Automáticas (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

Segundo

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.

Terceiro

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teñan que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria