Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 29 de xuño de 2015 Páx. 27223

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Centro Tecnolóxico da Carne

ANUNCIO polo que se convocan procesos selectivos para a contratación de persoal temporal.

A Fundación Centro Tecnolóxico da Carne convoca os procesos selectivos REF.PER.-2015/01-18 para a contratación, polo sistema de concurso e mediante contrato de duración determinada, de persoal científico-técnico con cargo a diversos proxectos de I+D+i e de cooperación con empresas.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web (www.ceteca.net) e no taboleiro de anuncios da Fundación, no Parque Tecnolóxico de Galicia, avda. de Galicia nº 4, 32900 San Cibrao das Viñas (Ourense).

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

San Cibrao das Viñas, 26 de xuño de 2015

Miguel Fernández Rodríguez
Director xerente da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne