Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 29 de xuño de 2015 Páx. 27221

VI. Anuncios

b) Administración local

Instituto Municipal dos Deportes de Vigo

ANUNCIO de procedemento aberto para a contratación da subministración por lotes do vestiario e calzado para o persoal dependente deste instituto (expediente 3572/11).

1. Entidade que adxudica: organismo: Instituto Municipal dos Deportes de Vigo.

2. Obxecto do contrato:

Descrición: subministración do vestiario e calzado para o persoal dependente do Instituto Municipal dos Deportes.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo: un ano e un ano de prórroga.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

4. Procedemento: aberto.

Orzamento: prezo total do contrato: un ano, 31.000 euros con IVE, sendo o IVE 5.380,16 euros.

5. Garantía provisional: non.

6. Obtención de documentación e información: Rexistro Xeral do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo, avda. Castrelos, 1, 36210 Vigo, teléfono 986 23 74 58, fax: 986 23 64 88.

Páxina web do Concello de Vigo: www.vigo.org

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: non.

8. Presentación de ofertas:

Prazo: ata os 15 (quince) días seguintes desde o día da súa última publicación no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra ou Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de cláusulas administrativas e nos números 6, 7 e 8 da FEC.

Lugar de presentación: véxase o punto 6 do anuncio.

9. Apertura de ofertas:

Entidade: a mesa de contratación do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo, cláusula 19 do prego de cláusulas administrativas.

10. Gastos de anuncios: pagaraos o adxudicatario ata un importe máximo de 1.000 euros, punto 5.A da FEC.

Vigo, 28 de maio de 2015

José Manuel Fernández Pérez
Presidente do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo