1. Entidade adxudicadora: Concello de Ordes.
1º. Obtención de documentación e información: Secretaría. R/ Alfonso Senra, 108, Ordes, 15680.
2º. Teléfono: 981 68 00 02. Telefax: 981 68 22 21.
3º. Correo electrónico: correo@ordes.dicoruna.es.
4º. Perfil do contratante: www.concellodeordes.com.
2. Obxecto do contrato:
a) Concesión sobre un ben de dominio público: explotación dos postos (nº 4, 5, 6, 7, 8, 9 e 10) da praza de abastos de Ordes.
b) Prazo de duración: quince anos, prorrogables cinco anos máis.
c) CPV (referencia de nomenclatura): 47001 e 470026.
3. Tramitación e procedemento: ordinaria, procedemento aberto.
4. Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.
5. Tipo de licitación e canon: o tipo mínimo anual para cada local é o sinalado no prego de cláusulas administrativas particulares.
6. Garantías exixidas:
a) Provisional (importe): non se exixe.
b) Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación.
7. Requisitos específicos do contratista: os sinalados nos pregos de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da provincia.
b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral. R/ Alfonso Senra, 108, 15680 Ordes.
9. Apertura de ofertas: Casa do Concello. Décimo día hábil seguinte, excepto sábados, á conclusión do prazo de presentación de proposicións, ás 11.00 horas.
Ordes, 12 de maio de 2015
Manuel Regos Boquete
Alcalde-presidente