Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 30 de xuño de 2015 Páx. 27457

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2015 pola que se anuncia o procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a adquisición de equipamento SAI para o novo edificio do Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á Investigación (expediente 19/15).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2º. Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais Campus As Lagoas, Marcosende.

3º. Localidade e código postal: 36310 Vigo.

4º. Teléfono: 986 81 37 67.

5º. Telefax: 986 81 38 57.

6º. Correo electrónico: alabel@uvigo.es.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 19/15.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: equipamento SAI para o novo edificio do Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á Investigación (Cacti).

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Enderezo: Centro de Apoio Científico á Investigación no Campus das Lagoas, Marcosende en Vigo.

2º. Localidade e código postal: Vigo 36310.

e) Prazo de entrega: 45 días.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) Codificación CPV: 30200000-1. Codificación CPA: 26.

3. Tramitación e procedimento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

1º. Redución no prezo de licitación: 50 puntos.

2º. Ampliación da garantía: 25 puntos.

3º. Redución do tempo máximo de solución de avarías: 15 puntos.

4º. Melloras das actividades preventivas, correctivas, servizo de asistencia técnica e xestión técnica centralizada de alarmas: 10 puntos, de acordo coa folla resumo de características.

4. Valor estimado do contrato: 200.000 €.

5. Orzamento base de licitación: a) Importe neto 200.000 € + 42.000 € de IVE que se debe soportar.

6. Garantías exixidas: provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % importe de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican na folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no apartado 13 da FRC.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Modalidade de presentación: papel 3 sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2º. Enderezo: Edificio de Xerencia Servizos Centrais, planta baixa. As Lagoas, Marcosende.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36310.

4º. Enderezo electrónico: alabel@uvigo.es.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas do edificio de Xerencia e Servizos Centrais da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: As Lagoas, Marcosende, 2ª planta.

c) Localidade e código postal: 36310 Vigo.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratista da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente 1.200 euros.

11. Outras informacións: fondos Feder. Convocatoria 2013. Ministerio de Economía e Competitividade. Axudas a infraestruturas e equipamento científico-técnico. Subprograma estatal de infrestruturas científicas e equipamento (ref.: UNVI13-1E-2749). Data límite para executar a aplicación dos fondos 31.12.2015.

Vigo, 23 de xuño de 2015

Por delegación (Resolución 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jauregui
Xerente da Universidade de Vigo