Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 3 de xullo de 2015 Páx. 27811

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2015, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de inspección turística, convocado pola Orde do 18 de decembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 250, do 28 de decembro), en execución da sentenza ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo o 19 de xullo de 2009 no procedemento ordinario 745/2003, de conformidade co establecido no procedemento de execución por Auto da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 18 de xullo de 2011, confirmado pola Sentenza do 19 de decembro de 2013, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo, que foi aclarada polo Auto do 7 de marzo de 2014, pola que se determinan os aspirantes que superaron o cuarto exercicio do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 26 de xuño de 2015, o tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de inspección turística, convocado pola Orde do 18 de decembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 250, do 28 de decembro), en execución da sentenza ditada pola Sala do Contencioso-Admnistrativo do Tribunal Supremo o 19 de xullo de 2009 no procedemento ordinario 745/2003, de conformidade co establecido no procedemento de execución por Auto da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 18 de xullo de 2011, confirmado pola Sentenza do 19 de decembro de 2013, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo, que foi aclarada polo Auto do 7 de marzo de 2014,

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.d da convocatoria, superaron o cuarto exercicio do proceso selectivo os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de cinco puntos (5 puntos).

Segundo. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao cuarto exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de inspección turística, no lugar onde se realizou a proba, no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia.

Terceiro. Os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Facenda nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2015

Paloma Vázquez Fernández
Presidenta do tribunal