Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 3 de xullo de 2015 Páx. 27865

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 9 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2015/0036-4 incoado por infracción administrativa na orde social.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante esta cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Traballo e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Expediente: RL 2015/0036-4.

Acta: I362014000089882.

Empresa: Grupo M.G.O., S.A.

NIF: A-80322233.

Enderezo: avda. de Madrid, 36, baixo, Vigo.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigos 12.22 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social; artigo 31 da Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais, e artigo 14 e seguintes do Real decreto 39/1997, do 19 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.

Preceptos sancionadores: artigos 39.1 e 39.3 do citado Real decreto lexislativo 5/2000.

Data de resolución: 7.5.2015.

Resolución: multa de 2.046 €.

Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada perante a directora xeral de Traballo e Economía Social, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que noutro caso incoarase o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.

Vigo, 9 de xuño de 2015

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo