Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 3 de xullo de 2015 Páx. 27863

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 8 de xuño de 2015, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se notifican as resolucións dos expedientes de reintegro das subvencións concedidas nos expedientes TR352B 2009/327-0 e TR352A 2010/801-0.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, pola presente cédula notifícanselle á entidade relacionada no anexo as resolucións dos expedientes de reintegro das subvencións concedidas mediante resolucións do director xeral de Promoción do Emprego do 7 de agosto de 2011 e 9 de agosto de 2010.

Faise saber que os interesados disporán dun prazo de 15 días contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado para que aleguen ou presenten os documentos que consideren pertinentes, de acordo co disposto no artigo 77 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Recórdaselles tamén o seu dereito a consultar os expedientes, depositados nas dependencias desta dirección xeral, sita no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da mencionada Lei 30/1992.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2015

Ana María Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación

ANEXO

Entidade: Asociación de Empresarios de Arcade-Soutomaior.

Enderezo: avenida Castelao, nº 47, Arcade, 36690 Soutomaior (Pontevedra).

Nº de expediente: TR352B 2009/327-0.

Data da resolución do expediente de reintegro: 20 de abril de 2015.

Preceptos incumpridos: artigo 7.2.a) da Orde do 29 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases que regulan, para o exercicio do ano 2009, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación, no ámbito de colaboración coas entidades locais e cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á súa convocatoria (Diario Oficial de Galicia núm. 7, do 12 de xaneiro de 2009); artigo 33.1.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade para reintegrar: 87,45 €.

Nº de expediente: TR352A 2010/801-0.

Data da resolución do expediente de reintegro: 13 de xaneiro de 2015.

Preceptos incumpridos: artigo 9.2 da Orde do 10 de marzo de 2010 pola que se establecen as bases que regulan para o exercicio do ano 2010 as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación, no ámbito de colaboración cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á súa convocatoria para o ano 2010 (Diario Oficial de Galicia núm. 54, do 22 de marzo de 2010); artigo 33.1.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade para reintegrar: 20.146,86 €.