Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 3 de xullo de 2015 Páx. 27859

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2015 pola que se anuncia a licitación por procedemento aberto multicriterio, trámite ordinario, para a adxudicación do contrato non harmonizado das obras de acondicionamento de local e reforma parcial do local existente para oficina de emprego na avenida de Fisterra-Tornos (A Coruña), contratación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Obras.

b) Número de expediente: 37/2015.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de acondicionamento de local e reforma parcial do local existente para oficina de emprego na avenida de Fisterra-Tornos (A Coruña).

b) Referencia de nomenclatura: CPA: 41.00.3, CPV: 45000000-7.

c) Lugar de execución: A Coruña.

d) Prazo de execución: 5 meses.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: catrocentos noventa e oito mil setecentos setenta e tres euros con cinco céntimos (498.773,05 €), IVE incluído.

Para levar a cabo estas actuacións terase en conta o indicado na Orde ESS/2097/2014, do 29 de outubro, pola que se distribúen territorialmente para o exercicio económico 2014, para a súa xestión polas comunidades autónomas con competencias asumidas, subvencións do ámbito laboral financiadas con cargo aos orzamentos xerais do Estado.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: si (5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído (20.610,46 €).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Obras da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono:

– Información de índole administrativa: 981 54 46 52 (Mª José Rodríguez Novoa).

– Información de índole técnica: 981 54 72 43 (José Luis López Cousillas).

e) Fax: 981 54 56 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata rematar o prazo de presentación de ofertas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22869

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación e solvencia: véxase o punto 16 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares e o punto 3.3 do dito prego.

b) Compromiso de adscrición de medios: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: vinte e seis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se deberá presentar: a que figura na cláusula 3 do prego de cláusulas administrativas particulares; no exterior dos sobres deberá figurar o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia, deberán reflectilo de forma fidedigna no exterior do sobre A, con indicación do número de rexistro asignado.

c) Lugar de presentación:

1º. Oficina de Rexistro Único e Información no complexo administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, de luns a sábado das 9.00 ás 14.00 horas.

Calquera posible variación relativa ao horario publicarase no perfil de contratante.

2º. As proposicións poderán enviarse por correo dentro do prazo de admisión indicado, xustificando a data de imposición do envío anunciándoo á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar mediante télex, fax ou telegrama, no mesmo día e nun só envío.

Se a documentación se presentase en calquera outro rexistro diferente ao indicado nos parágrafos anteriores, a proposta non será admitida á licitación.

d) Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses desde a apertura en acto público.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: o acto público de apertura dos sobres B e C efectuarase no lugar, a data e a hora que se publicará no perfil de contratante http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22869 , con tres días hábiles de antelación á súa realización, así como calquera posible variación destas datas.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2015

P.D. (Artigo 1 da Orde do 19.8.2009)
Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar