Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 3 de xullo de 2015 Páx. 27923

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación dun servizo de consultoría para a adaptación do modelo dos nodos de innovación aos requirimentos das normas UNE-EN ISO 9001:2008 e UNE 166.002:2014, dentro do proxecto Innova Saúde, subproxecto IS-11-espazos de innovación en servizos asistenciais, cofinanciado nun 80 % por fondos Feder-Fondo Tecnolóxico, eixe 1, PO tema 04, dentro do convenio establecido entre o Servizo Galego de Saúde e o Ministerio de Economía e Competitividade. Contratación documentalmente simplificada (expediente AB-SER1-15-020).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 36 35.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

d) Número de expediente: AB-SER1-15-020.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de consultoría para a adaptación do modelo dos nodos de innovación do Servizo Galego de Saúde aos requirimentos das normas UNE-EN ISO 9001:2008 e UNE 166.002:2014, dentro do proxecto Innova Saúde, subproxecto IS-11-espazos de innovación en servizos asistenciais.

c) División por lotes: non.

d) Prazo de execución/entrega: será o ofertado polo adxudicatario e non poderá superar os tres meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 79132000-8.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios valorables de forma non automática (sobre B).

0-50

Documentación técnica revisada e adaptada aos requisitos do Servizo Galego de Saúde e as normas ISO 9001:2008 e UNE 166.002:2014.

0-30

Modelo de xestión e dirección do proxecto: planificación e cronograma, delimitando as fases, plan de participación de recursos así como a definición de fitos e entregables.

0-10

Actividades formativas propostas idóneas para o Servizo Galego de Saúde e non recollidas no deseño técnico.

0-7

Elaboración do cadro de mandos global de seguimento dos proxectos.

0-3

Criterios valorables de forma automática (sobre C).

0-50

Oferta económica.

0-50

4. Valor estimado do contrato: 60.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 60.000 euros. Importe total: 72.600 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe da adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 6.6.2.d) e e) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Sé o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións:

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos