Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 3 de xullo de 2015 Páx. 27927

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan de sectorización Cerámicas Campo.

1. O Pleno do Concello da Laracha, en sesión extraordinaria de data 17 de abril de 2015, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan de sectorización Cerámicas Campo, redactado polo equipo Monteoliva Arquitectura, S.L.P., presentado o 30 de marzo de 2015 (rexistro de entrada nº 1704).

Segundo. Publicar o acordo no Diario Oficial de Galicia e o articulado das normas do plan de sectorización, así como o acordo correspondente no Boletín Oficial da provincia, que non entrará en vigor ata que se publicase completamente o seu texto e transcorra o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local.

Terceiro. Notificarlles persoalmente aos propietarios e demais interesados directamente afectados polo expediente o presente acordo, e comunicarlles que o mesmo pon fin á vía administrativa e contra el poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación do texto no Boletín Oficial da provincia.

Cuarto. Ordenar ao secretario da corporación que dilixencie os planos e documentos aprobados definitivamente.

Quinto. Consonte co disposto no artigo 92.3 da LOUPMRG, comunicar a aprobación definitiva á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, á vez que se lle dará traslado dunha copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente.

2. De acordo co sinalado no artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, publicouse no BOP número 104 do día 4 de xuño de 2015, o texto normativo e os planos de ordenación.

3. En cumprimento do disposto polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o acto de aprobación definitiva do citado plan de sectorización foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o día 9 de xuño de 2015.

A Laracha, 9 de xuño de 2015

José Manuel López Varela
Alcalde