Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 3 de xullo de 2015 Páx. 27929

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización do contrato do servizo de xestión de visitantes, atención ao público e servizos complementarios dos espazos expositivos da planta baixa da antiga sede do Banco de España e do claustro de San Francisco.

En cumprimento co disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de servizos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: ref. 2284.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.ourense.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de xestión de visitantes, atención ao público e servizos complementarios dos espazos expositivos da planta baixa da antiga sede do Banco de España e do Claustro de San Francisco.

c) CPV: 98341130-5.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, Boletín Oficial da provincia e Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 15 de abril de 2014, 16 de abril de 2014 e 21 de abril de 2014.

3. Trámite e procedemento de adxudicación.

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 31.944,00 euros. IVE: 6.708,24 euros. Importe total: 38.652,24 euros.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 21 de maio de 2015

b) Data de formalización: 8 de xuño de 2015.

c) Contratista: Combina Social, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 23.127,45 euros. IVE: 4.856,76 euros. Importe total: 27.984,21 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa, xa que é a que máis puntos obtivo na valoración da proposición económica, servindo todo iso como motivación.

Ourense, 9 de xuño de 2015

Agustín Fernández Gallego
Alcalde en funcións