Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 3 de xullo de 2015 Páx. 27931

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación con procedemento aberto para a contratación da subministración de sinalización vertical para a Área de Infraestruturas.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación da subministración de sinalización vertical para a Área de Infraestruturas da Deputación Provincial de Ourense, cun gasto autorizado de 60.879,33 (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense ou por correo. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións a que se poderá acceder gratuitamente a través do perfil do contratante na web da Deputación www.depourense.es. As solicitudes de información poderanse formular telefonicamente 988 31 75 40 ante o Servizo de Contratación.

Sen prexuízo de calquera outros recursos que se consideren procedentes, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que deban rexer a licitación, serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a Presidencia da Deputación no prazo dun mes e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados ambos os prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non fosen simultáneos).

Ourense, 15 de xuño de 2015

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense