De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada dúas veces a notificación persoal á interesada que se relaciona no anexo, emprázase esta para que compareza no prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo (rúa Alcalde Hevia, nº 7, 4º andar, Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, onde se lle dará conta do acto que se lle intenta notificar.
Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
Pontevedra, 18 de xuño de 2015
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas
ANEXO
Expediente: PO.83/460, conta 25.
Nome da interesada: Lorena Comesaña Costas.
Domicilio da vivenda: rúa Menéndez Pelayo, nº 15, baixo L, do concello de Vigo.
Indicación do contido do acto: subrogación de contrato de arrendamento.