Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 6 de xullo de 2015 Páx. 28084

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo, non suxeito a regulación harmonizada, relativo á organización da Semana de Galicia na Expo Milán 2015, mediante procedemento aberto, con pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Data de publicación no perfil do contratante: 20 de febreiro de 2015.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: contratación das tarefas para levar a cabo a planificación, deseño e realización dunha semana de promoción de Galicia en Milán co gallo da Exposición Internacional que se vai celebrar na cidade italiana do 1 de maio ao 31 de outubro do ano 2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación: 179.544,00 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 27 de maio de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 10 de xuño de 2015.

c) Adxudicataria: Ute José Fajardo, S.L., In9 Eventos, S.L.

d) Importe de adxudicación: 157.500,00 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia