Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 6 de xullo de 2015 Páx. 28035

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2015, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se anuncia a licitación documentalmente simplificada, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, para a subministración, instalación e adaptación de combinadores de frecuencia e antenas de recepción para a rede de homoxeneización de difusión en UHF da Comunidade Autónoma de Galicia (catro lotes).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral de Medios da Presidencia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Xestión de Medios Audiovisuais.

c) Teléfonos: 981 54 43 81/981 54 58 74.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: subministración, instalación e adaptación de combinadores de frecuencia e antenas de recepción para a rede de homoxeneización de difusión en UHF da Comunidade Autónoma de Galicia (4 lotes).

b) Prazo de execución: ata o 30 de outubro de 2015.

3. Tramitación e procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 130.800 €, máis 27.468 € en concepto de IVE, o que supón un total de 158.268 €, que se distribúe nos seguintes lotes:

Lote 1: 30.000,00 € (orzamento neto), 6.300,00 € (IVE), 36.300,00 € (total).

Lote 2: 29.200,00 € (orzamento neto), 6.132,00 € (IVE), 35.332,00 € (total).

Lote 3: 35.900,00 € (orzamento neto), 7.539,00 € (IVE), 43.439,00 € (total).

Lote 4: 35.700,00 € (orzamento neto), 7.497,00 € (IVE), 43.197,00 € (total).

5. Garantías: provisional (non) / definitiva si (o 5 % do importe de adxudicación excluído o IVE).

6. Lugar e prazo de presentación de proposicións:

a) Data límite de presentación: quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG (ás 14.00 horas).

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares e nas follas de especificacións técnicas.

c) Lugar de presentación:

• Rexistro Xeral da Xunta de Galicia. Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

• Por correo na forma indicada no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro (fax: 981 54 12 89).

7. Obtención da documentación e da información:

Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no enderezo da internet http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22975, así como nas dependencias da Secretaría Xeral de Medios no Edificio Administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela (A Coruña).

8. Apertura de proposicións:

O órgano de contratación anunciará a convocatoria das mesas públicas para a apertura dos sobres B e C no perfil do contratante.

9. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación:

Os sinalados no punto 10 das follas de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. O importe do anuncio relativo a esta contratación:

Será por conta do adxudicatario e deberá aboalo con anterioridade á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2015

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios